2011

Camino del 2011No ano 2011 acompañounos Roberto, un amigo xordocego de Burgos.

  • CAMIÑO: Irún-Santiago-Fisterra. Xullo-agosto (do 30 de xullo ao 14 de agosto).
«E que vai pasar en 2011?» Non foi exactamente así como mo preguntou Gerardo mais poderíase dicir que vale como tradución/interpretación das súas verdadeiras palabras: «O ano que vén quero ir desde Irún ata Santiago polas estradas de arriba. E en 2012 imos desde Valencia ou Sevilla, vale Javier?». E… que lle vou dicir? Só lle podo contestar que si, que desde Irún polo Camiño do norte ata Santiago e, finalmente, Fisterra. Trazamos o plan de ruta e o complemento para o noso proxecto. O triciclo tándem volveu pedalear ao lado doutra bicicleta de dúas prazas, mais, por primeira vez, a nosa acompañante tivo só dúas rodas. Fomos con Roberto, un mozo de Burgos que, coma Gerardo, tamén é xordo e cego mais, no seu caso, a xordocegueira non lle afectou ao equilibrio e é quen de ir coma copiloto nun tándem en liña. Quen pilotou foi Esther, intérprete de lingua de signos española e amiga de Roberto. Así pois, esta vez, quizais con maiores motivos que nunca, o proxecto volveuse chamar Camino de los Sentidos co engadido de ano «-2011».
28.Posado-súper-natural-de-Gerardo-en-el-albergue-de--ZumaiaBAJA

 

50.Listos-para-la-3ª-etapa,-Gernika-Castro-UrdialesBAJA