2015

Camino del 2015

E en 2015 chegou a explosión. A familia crecera tanto que xa non chegou cun, con dous nin con tres DisCaminos, tivemos que facer catro para responder a todas as ilusións que nos rodeaban. Non houbo nada tan ambicioso coma o realizado en 2014 mais cónstanos que o que fixemos encheu de alegría aos que se atreveron a nos acompañar.

  • CAMIÑO: Ruta da Prata.

Por unha banda, como proxecto máis importante, estivo a realización da Ruta da Prata cos 3 aventureiros do Camiño de Roma. Nesa ocasión levamos 3 triciclos e, ademais dos tres colegas, acompañáronnos: a nosa queridísima Ana Soage, compañeira de Maxi e de Varela na APAMP e, coma eles, afectada por unha parálise cerebral; Isabel, unha amiga de Logroño que padece ataxia; e Javier e Antonio Luque, compañeiros de aventura no ano 2012 e coprotagonistas con Gerardo do precioso documental “El desorden de los sentidos”.

  • CAMIÑO: Camiño francés. Agosto

O segundo proxecto do DisCamino-2015 tivo como protagonistas a David Gil e á súa moza Diana; ambos os dous son compañeiros do José Varela na residencia da APAMP de Navia e, coma el, afectados de parálise cerebral. Con eles volvemos ao Camiño francés. David pedaleou no triciclo tándem e Diana foi por momentos no coche de apoio e outras veces na súa cadeira de rodas motorizada. Ese, polas condicións físicas de Diana, foi, especialmente, o reto máis difícil de todos os que fixeramos ata a data, mais… a cara que puxo David cando dixo que sería para eles «a oportunidade de ter o máis parecido a unha lúa de mel que nunca puidesen imaxinar» fíxonos meternos de cheo no empeño. Foi a primeira quincena de agosto, concretamente do 3 ao 15. Dese camiño fíxose un novo documental: “Diario de un Camino”.

 

 

  • CAMIÑO: Vigo-Santiago. Xullo

En terceiro lugar tivemos o de Javi Fernández, compañeiro de Maxi na APAMP de Miguel Hernández. Javi pedaleou coas mans nunha Handbike porque as súas pernas, como el ben di, xa non son súas. Con el foron Juanillo e Paula, os dous compañeiros seus, tamén con parálise cerebral, e Unay, Uxio e Rui, os primeiros aventureiros do DisCamino Infantil. Pedalearon de Vigo a Santiago a finais de xuño.

IMG-20150626-WA0009BAJA

  • CAMIÑO: Entrada a Santiago. Xuño

Por último, tamén en xuño, guiamos e acompañamos os nosos amigos do Centro de Atención Integral Personalizada (AIP) de Bóveda (Lugo) na súa peregrinación camiñando e en cadeiras de rodas polo Camiño portugués. Foron dezasete os participantes: 7 camiñantes, 6 en cadeira de rodas e 4 que fixeron só a entrada en Santiago polas grandes patoloxías que sofren.

IMG_20150621_113948BAJA

 

 

https://sshj.in/public/slot-deposit-dana/https://mbmscience.com/public/slot88/situs slot gacorhttps://peshawarhighcourt.gov.pk/slot-gacor/https://www.doutoresdoexcel.com.br/-/slot-gacor/https://mccm.ptcer.pl/slot-demo/https://academconsult.ru/slot-gacor/https://nje.org.na/slot-deposit-dana/https://journals.tma.uz/slot-gacor/https://muru.com.co/slot-deposit-pulsa/https://coresdaterra.com.br/slot-gacor/https://sasurie.com/slot-gacor/https://thejrns.org/slot-gacor/http://a0729171.xsph.ru/https://zombiigrice.com/slot-gacor/https://ijohmn.com/public/slot-gacor/https://www.kuhoo.com/wp-content/uploads/slot-deposit-dana/http://clc.cet.edu/judi-bola/https://www.ijmaberjournal.org/slot-gacor/https://ijorces.org/slot-gacor/https://virtusclean.com/slot-online/https://modernacademy-journal.synceg.net/slot-gacor/https://artescienza.org/wp-content/uploads/slot-gacor/https://journal.icter.org/public/slot-gacor/https://rumosdainformacao.ivc.br/5unsur3/https://dailyexpresstop.com/https://livepublicnews.com/http://bkpsdm.pringsewukab.go.id/slot-online/