2012

Camino del 2012No ano 2012 pedaleamos na compaña de Antonio, neno cordobés de 13 anos tamén afectado por unha parálise cerebral.

  • CAMIÑO: Roncesvalles-Santiago. Xullo (do 24 de xuño ao 8 de xullo)
Para o 2012 tiñamos previsto percorrer o Camiño do Levante mais unha chamada telefónica recibida un par de meses antes alterou os nosos plans. Quen chamaba era Javier Luque e para presentalo utilizarei as súas propias verbas: «Chámome Javier, son de Córdoba, pai de Antonio, un neno de 12 anos con parálise cerebral. Antonio non anda, non fala e non se pode defender só, mais entende e coñece as persoas, e regálalles o mellor que ten: un ollar luminoso e un sorriso de anxo». Javier chamounos para pedirnos apoio e compaña no seu proxecto DisCamino. Facía pouco que conseguira unha duet, que non é outra cousa que un triciclo tándem no que só pedalea un, o que vai detrás, porque a parte de diante é unha cadeira de rodas acoplada ao cadro dunha bicicleta. E dixémoslle que si.

 

_MG_1890 _MG_2236_1

994314_513435538732177_1908416554_n

 

Así pois, o seguinte verán, durante a última semana de xuño e a primeira quincena de xullo, percorremos de novo o Camiño francés, esta vez coa duet de Javier e de Antonio. Neste vídeo poderédelos coñecer e escoitar da boca de Javier a razón deste DisCamino:

 

Scroll al inicio