2010

Camino del 2010No ano 2010 realizamos o Camiño na compaña de Juan Sebastián, un mozo colombiano que sofre unha parálise cerebral.

  • CAMIÑO: Madrid-Santiago. Xullo-agosto (do 15 de xullo ao 5 de agosto).

O primeiro Camino de los Sentidos comezou o martes 18 de agosto do ano 2009 aínda que a súa historia se remonta a trece anos atrás, momento no que coñecín a Gerardo. Gerardo é xordo e cego, mais ten tanta vida e tantas ilusións coma calquera outro. Ese 18 de agosto de 2009 saímos de Vigo en furgoneta cara a Roncesvalles coa intención de regresarmos pedaleando sobre os nosos pasos e chegarmos en peregrinación a Santiago. E chegamos… pasando por Pamplona, Cizur Menor, Villamayor de Monjardín, Logroño, Navarrete, Belorado, Burgos, Carrión de los Condes, Mansilla de las Mulas, León, Astorga, Villafranca del Bierzo, O Cebreiro, Sarria e Arzúa antes de ver o soño de Gerardo realizado.
Mais claro, a realización dese soño abriulle a Gerardo unhas portas que ata ese momento nin soñara que se puidesen abrir e houbo que pensar no que iamos facer con el no ano seguinte. Non fixo falla darlle demasiadas voltas á cabeza. A resposta chegounos vía Internet grazas á conexión con Francisco Meneses, pai dun mozo que sofre unha parálise cerebral. A cousa foi un chisco diferente ese ano 2010, de feito, ata se mudou o nome do proxecto. Non foi El Camino de los Sentidos-2010 senón La Bicicleta de la Esperanza-2010. Por que ese cambio? Pois porque nesa ocasión o protagonista principal no ía ser Gerardo senón un rapaz colombiano chamado Juan Sebastián. Efectivamente, o fillo de Francisco. Esa segunda aventura comezou en Madrid e levounos sobre os nosos triciclos de dúas prazas de novo a Santiago, pasamos por Segovia, Ávila, Peñaranda de Bracamonte, Salamanca, Zamora, Granja de la Moreruela, Benavente, León, Astorga, Ponferrada, A Rúa, Monforte de Lemos, Ourense, Vigo e Pontevedra. Unha vez máis tratouse dunha experiencia moi enriquecedora quer para os que pedaleabamos, quer para os que nos recibían nas súas asociacións de parálise cerebral. Porque diso foi do que tratou o proxecto, de compartir a experiencia colombiana e a española no ámbito desa discapacidade tan especial e tan ampla.

2.Primer intercambio de palabras

74.¡¡Por fin!!

Scroll al inicio