O 2013 foi un ano de moitos Camiños:
- CAMIÑO: Baiona-Santiago. Xullo
Comezamos en xullo con Nico, un mozo alacantino paralítico cerebral. Con el camiñamos algo máis dos 100 km necesarios para obter a Compostela.
- CAMIÑO: Pontevedra-Ourense. Agosto
Do 14 ao 20 agosto Gerardo volveu ao Camiño, esta vez para facer un percorrido do sentimento polas provincias de Pontevedra e de Ourense visitando as casas de persoas que foron importantes na súa vida. 400 km de gozosos reencontros.
- CAMIÑO: Sahagún-Santiago. Agosto
Tamén en agosto, esta vez do 22 ao 30, Maxi, outro mozo con parálise cerebral, compañeiro noso de fatigas ciclistas durante máis dun ano de adestramentos, realizou o seu debut peregrino pedaleando desde Sahagún ata Santiago.