Gerardo Fernández Costa
Anda en cadeira de rodas
- DATA DE NACEMENTO: 11/04/1978
- VIVE EN: Vigo coa súa familia
- DIAGNÓSTICO: Xordocegueira
- Anda en cadeira de rodas
Gerardo é un peregrino aventureiro; oe pouco, ve pouco e fala moito. Inventou o DisCamino grazas á súa xenerosidade de querer compartir a súa experiencia.
Para el, o DisCamino é deporte, esforzo, posibilidade de perder as chichas da súa barriga, oportunidade para coñecer persoas, para recibir bicos de mozas e de ver cousas novas coas súas mans.
JOSE VARELA
- DATA DE NACEMENTO: 20/10/1952
- VIVE EN: Vigo, na residencia da APAMP en Navia
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral de nacemento
- Anda en cadeira de rodas
Jose é o avó do DisCamino. Un poeta, un valente capaz de subir por primeira vez na súa vida en bici aos 61 anos e cruzar Francia pedaleando.
Para el, o DisCamino é unha parte moi importante da súa vida.
MAXI MASIP VILLAR
- DATA DE NACEMENTO: 25/07/1978
- VIVE EN: Vigo coa súa familia
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral de nacemento
- Anda en cadeira de rodas
Maxi é entrega, esforzo continuo, sufrimento calado, responsabilidade total…
Para el, o DisCamino é unha aventura, coñecer sitios novos, convivir cos seus amigos e facer novos amigos.
ana soage sas
- DATA DE NACEMENTO: 21/01/1975
- VIVE EN: Vigo coa súa familia
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral de nacemento
- Anda en cadeira de rodas
Ana é unha loitadora, alegría, portento físico, non se cansa de facer as beiras… e dicían que sería un vexetal.
A ela, o DisCamino dálle máis forza na súa vida.
david gil janeiro
- DATA DE NACEMENTO: 20/02/1977
- VIVE EN: Vigo, entre a residencia APAMP en Navia e a casa da súa familia
- DIAGNÓSTICO: Agnosia ou falta de osíxeno no parto
- Anda en cadeira de rodas
David é un pouco teimoso, mais con bo corazón. Gústalle comezar e terminar as cousas.
Para el, o DisCamino é unha forma marabillosa de practicar deporte entre amigos, ademais de superación, un reto e un soño.
javi FERNÁNDEZ
- DATA DE NACEMENTO: 11/12/1972
- VIVE EN: Vigo, na casa da súa nai ata que se case en maio de 2016
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral de nacemento e ataxia
- Anda en cadeira de rodas
Javi ten un incrible afán de superación; o seu lema é «a tope».
Para el, o DisCamino é un soño onde realizar tolerías imposibles.
BORJA GÓMEZ
- DATA DE NACEMENTO: 20/05/2002
- VIVE EN: Ponteareas, cos seus pais Montse e Calis, coa súa irmá Alicia e coas súas cadelas Simba e Luna
- DIAGNÓSTICO: Síndrome de Down
- Camiña e monta na bicicleta por si mesmo
Borja é un loitador infatigable e moi cabezón. O seu lema é «lume, lume».
Para el, o DisCamino é «dar chegado á meta coma os outros».
PAULA PEREIRO PIAY
- DATA DE NACEMENTO: 25/07/1973
- VIVE EN: Vigo coa súa familia
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral de nacemento
- Non usa cadeira de rodas
Paula é teimosa, riseira, faladora… e unha impuntual recalcitrante.
Para ela, o DisCamino é un reto: «querer é poder».
JUANILLO LORES RODRÍGUEZ
- DATA DE NACEMENTO: 06/02/1975
- VIVE EN: Vigo, entre a residencia APAMP en Navia e a casa da súa familia
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral de nacemento
- Anda en cadeira de rodas
Juan é un sedutor e un pillo. Segundo el, ou es guapo ou es un cabrón.
Para el, o DisCamino é a oportunidade para ser ciclista coma o seu cuñado Juan.
rafa alonso fernández
- DATA DE NACEMENTO: 21/07/1973
- VIVE EN: Vigo, na residencia APAMP
- DIAGNÓSTICO: Xordocegueira
- Anda con normalidade mais sempre cun guía
Rafa é pura forza, alegría e ilusión.
Para el, o DisCamino é o modo máxico de dar renda solta a toda a súa enerxía, a forma de parecerse ao seu amigo Gerardo e a oportunidade de perder un pouco desa barriga que tan pouco lle gusta.
tere fernández rodríguez
- DATA DE NACEMENTO: 02/09/1976
- VIVE EN: Vigo, na residencia APAMP de Navia
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral de nacemento
- Anda en cadeira de rodas
Tere é una cariña triste que a acotío se ilumina cun sorriso.
Para ela, o DisCamino é unha pelexa para ir en bici con Javier.
isabel gonzález
- DATA DE NACEMENTO: 06/02/1965
- VIVE EN: Logroño
- DIAGNÓSTICO: Ataxia cerebelosa desde 2009
- Anda en una silla motorizada
Isa é como unha nube (de lambetadas) acoirazada.
Para ela, o DisCamino é un apoio incondicional.
ANTONIO LUQUE
- DATA DE NACEMENTO: 01/12/1998
- VIVE EN: Córdoba cos seus pais e coa súa irmá
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral por causa de meninxite ás poucas horas de nacer
- Anda en cadeira de rodas
Antonio é a luz na mirada e a alegría no sorriso.
Para el, o DisCamino é unha fonte de estímulos e unha chuvia de bicos..
IVÁN BRAGADO
- DATA DE NACEMENTO: 20/09/1978
- VIVE EN: Vigo en Benavente (Zamora)
- DIAGNÓSTICO: Schwannoma vestibular dereito (xordocegueira do lado dereito e perda do equilibrio) orixinada en 2010
- Anda en cadeira de rodas
Iván é un apaixonado do deporte e un exemplo de loita e valentía.
Para el, o DisCamino é o mellor que lle pasou tras a súa operación. Connosco fixo o seu primeiro Camiño.
COPILOTOS ANTERIORES
Estes son os/as amigos/as con problemas que tamén fixeron o camiño connosco:
JUAN SEBASTIÁN (JUANCHO)
- FECHA DISCAMINO: 2010
- DIAGNÓSTICO: Parálisis cerebral
ROBERTO GARCÍA
- FECHA DISCAMINO: 2011
- DIAGNÓSTICO: Xordocego
NICO
- FECHA DISCAMINO: 2013
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral
DIEGO
- FECHA DISCAMINO: 2014
- DIAGNÓSTICO: Duchenne
CARLOS RIVAS
- FECHA DISCAMINO: 2015
- VIVE EN: Vigo, na residencia APAMP
- DIAGNÓSTICO: Parálise cerebral
AIP BÓVEDA
- FECHA DISCAMINO: 2015
- DIAGNÓSTICO: Patoloxías diversas